Ningún paxaro exótico

Un libro liberado na rede
Daniel Landesa

Quen foi Olive Thomas?

Olive Thomas foi unha das ziegfeld follies, unha flapper girl, unha actriz de cinema mudo da que podedes atopar algunha información na rede, mais tampouco demasiada.

Olive Thomas tivo un final tráxico e prematuro froito do rápido que fluía a vida naqueles tolos anos 20 do século pasado ao que creo que aínda pertenzo.

Cheguei a ela a través do retrato co que o artista peruano afincado nos Estados Unidos Alberto Vargas daba uns primeiros pasos ás pin-up girls. Acostumo a empatizar coa dor, quizais o sentimento máis sincero dos que coñezo e algo vin nesa imaxe (supostamente erótica) que me fixo querer saber quen era, o que vin era sufrimento, aínda por riba da obvia sensualidade do retrato.

E non estaba equivocado. A historia detrás de Olive Thomas é o primeiro grande escándalo de sexo, drogas e traxedia de Hollywood, unha manifestación do éxito rápido sen reparar nas consecuencias, ela xunto a Jack Pickford foron uns proto Courtney&Kurt. O prezo da liberdade absoluta coa que decidiu devorar a súa fama foi a morte

E como non engaiolarse dunha historia así?. O texto que deixo aquí é o meu modo persoal e non documentado de establecer un diálogo cun personaxe de forza inmensa. Agardo que o gocedes.

Ligazóns de descarga

Pódese descargar de balde nos seguintes formatos:

PDF     PDF Imprimible    

Algo que preguntar?

Non creo ser a persoa máis indicada para falar deste libro. Non obstante se cres que teño algo que achegar que poida resultarte interesante, non dubides en poñerte en contacto comigo.

Mándame un correo

Ou escríbeme ao twitter: