Da casa nova

Un libro liberado á rede
Daniel Landesa

Por que?

Da casa nova foi un poemario editado pola desaparecida Emerxente Editora no ano 2014. Logo de tres anos penso que o formato papel quedou esgotado. É por tanto un libro amortizado, de pouca repercusión e percorrido moi breve.

Tomo agora a decisión de deitalo na rede logo de que, para min, perdese toda actualidade. Trátase dunha etapa que queda na memoria coma un deses soños vívidos ao abrente. Logro recoñecer o eu que fun entre algúns versos, mais do mesmo modo que un recoñece a súa voz nun magnetófono, algo familiar mais que causa certo desagrado.

Na zona de descarga podedes atopalo en diferentes formatos, tres deles en PDF tanto en versión horizontal como en vertical, e mais unha versión sen imaxes para poder imprimilo quen así o considere. Persoalmente eu non gastaría un só gramo de celulosa nel, por iso quixen tamén proporcionar unha versión en formato epub.

Os PDF pensados para ó seu consumo na rede están enriquecidos con ligazóns ao blog que no seu momento creei para este texto, quizais alguén atope certo interese nisto: DA CASA NOVA

Agardo que a alguén lle poidan servir de algo as poucas palabras acertadas que nesta obriña hai. A min xa non.

Ligazóns de descarga

Pódese descargar de balde nos seguintes formatos:

Vertical     Horizontal     .epub     Imprimible

Algo que preguntar?

Non creo ser a persoa máis indicada para falar deste libro. Non obstante se cres que teño algo que achegar que poida resultarte interesante, non dubides en poñerte en contacto comigo.

Mándame un correo

Ou escríbeme ao twitter: